Alén do proxecto de interconexión entre A Coruña, Santiago e Ferrol de 1888 comentado nesta páxina e algunha referencias de 1889 e 1890 sobre a posibilidade de construír unha rede galega, a primeira petición de telefonía interurbana, entendendo como tal aquela que permitira chamar a Madrid, veñen de 1897. A Gaceta de Galicia recolle como na Coruña se estaba a pedir unha liña telefónica que permitise falar con Madrid e, adicionalmente mellorar o deficiente servizo telegráfico. Primeiros días de 1900. En Madrid chegan a un acordo a dirección xeral de telégrafos co proveedor de telefonía urbana (a Compañía Madrileña de Teléfonos), para o envío de notificación de mensaxes telegráficos via teléfonos. La Voz de Galicia reclama un servizo semellante en A Coruña polo interese que pode ter para navieiras, banca e comercio. Neste ano aparecen iniciativas na prensa para conectar Coruña e Santiago por teléfono, falando da posibilidade de crear unha empresa para tal fin. Xaneiro de 1901. A prens