Mariano Martín Villoslada é a figura máis destacada e senlleira do primeiros cincuenta anos da telefonía en Galicia, co permiso de Andrés Comerma, que fixo as primeiras probas en Ferrol xa en 1878. Mariano estivo activo en Galicia desde a chegada da primeira rede urbana en 1888 ata a súa xubilación en 1924, co rol de concesionario e director técnico das principais redes urbanas, mentres que coexistía coa súa actividade como oficial de telégrafos. Un boa parte das innovacións, proxectos singulares e incluso conflitos con terceiros desta era están relacionados coa súa figura.
1883 (15 de marzo) Examínase na "Escuela de aplicación" para chegar a ser "aspirante segundo" onde obtén a mellor nota. O tribunal estivo formado por Jose Batllé, Fidel Gomayo e os instrutores Valero, Prieto, Ansó e Ferrer.
1883 Destinado ao corpo de telégrafos en Valladolid
1886 Ascendido a escribente de planta e destinado a sede central da dirección xeral, no negociado sétimo.
1888 (Agosto) Chega a Coruña como director da rede telefónica urbana de Coruña, que se acababa de adxudicar. Obtén tamén o troco de destino no corpo de telégrafos, pasando a estar asignado na Coruña. O proceso de adxudicación da rede a Coruña aparece recollido nesta publicación
- O conflito coa localización dos postes nos Cantóns: https://telefoniagalicia.blogspot.com/2022/08/o-primeiro-conflito-cos-telefonos-o.html
- Os problemas coa primeira baixa dun abonado. Quen tapa os buratos ao desinstalar o teléfono da parede? https://telefoniagalicia.blogspot.com/2022/11/a-primeira-baixa-dun-subscriptor-coruna.html
- Un resumo da primeira concesión da Coruña (no período 1888-1908) : https://www.blogger.com/u/1/blog/post/edit/750760686555661090/6067883413885830458
1889 Ao marxe dos proxectos de telefonía, Mariano gaña o concurso expediente da contratación de obras de provisións materiais para a conservación do firme da estrada de 1ª orde Madrid-A Coruña.
Máis info: https://telefoniagalicia.blogspot.com/2022/04/as-retransmision-de-concertos-por.html
1894 Publica o libro "La electricidad práctica" xunto a Jose Amado Ibáñez, telégrafo na Coruña, onde adica un capítulo á telefónica incluíndo algunhas innovacións como o seu sistema de apoio nos faiados e o conmutador relé para evitar descargas eléctricas en caso de tormenta. O libro aparece mencionado no Journal Telegraphique de xuño de 1896. O libro está dispoñible en formato dixital na Biblioteca Nacional.
Máis info: https://telefoniagalicia.blogspot.com/2022/05/o-pararraios-de-mariano-martin.html
1894 Fai unha demostración do fonógrafo na praza do Toural en Santiago de Compostela, do que era copropietario co Sr. Estrader, e que previamente xa mostraran nos Cantóns de Coruña i en Ferrol.
1895. Proxecto de conexión telefónica dos castelos de Ferrol coa cidade. Proxecto de rede telefónica a Arteixo e Laracha.
1896 Invento de pararraios exposto en Exposición Rexional de Lugo, onde obtén unha medalla de cobre na sección de ciencias.
1901 Volven aparecer varias mencións a actividades no corpo de telégrafos. Este ano asume o rol de xefe interino e reparacións de A Coruña, sendo oficial terceiro, posto no que cesa ao ano seguinte.
1905 Pasa a ser xefe de reparacións interino do corpo de telégrafos, destinado a Lugo. Obtén o ascenso a a oficial segundo e consegue o traslado á cidade da Coruña
1907 Pasa a estar destinado a Benavente.
1908 Volve a Lugo como xefe de reparacións e, posteriormente, sería xefe de reparacións en Pontevedra, pasado a posteriori a Coruña. Participa nun proxecto para ter un novo circuíto entre Santiago e Coruña
1908 Mariano aparece mencionado no proxecto de telefonía coa illa de A Toxa, que xa tivera proxectos desde 1894, que consegue conectar o servizo en 1910.
1909 (ou antes): Figura como concesionario da rede urbana de Santiago de Compostela, quedando dúbidas cando asumiu esta responsabilidades. Participa no proxecto de levar telefonía á Exposición de 1909 de Santiago.
1909 Obtén a concesión da rede telefónica de Vigo co médico da Pobra do Caramiñal, D. Senén Calleja, casado coa irmá de Mariano. Consegue a excedencia do corpo de telégrafos para ocuparse desta nova concesión.
1910 Elabora un plan de reforma da rede de Vigo para conseguir crecer o número de usuarios. A reforma mais significativa sería a utilización de cables multi-par con recubrimento, que permite reducir o número de cables que saen da central de maneira drástica, reducindo o número de incidencias.
1910 Fai o proxecto técnico da rede urbana de Pontevedra para Manuel Corbal, que se inaugura este ano.
1910 Pasa a ser oficial primeiro do Corpo de Telégrafos.
1911 Realiza un plan extensión da rede urbana de Vigo a Redondela, que fracasa pola baixa adopción dos usuarios desa vila.
1911 Intenta impulsar a rede interurbana entre as cidades de Galicia.
Máis info: https://telefoniagalicia.blogspot.com/2022/12/os-atrasos-da-compania-peninsular-en.html
1911 O corpo de Telégrafos acepta o seu traslado a Vigo.1914 Conflito coa compañía de tranvía de Martín Echegaray en Vigo pola localización dos postes
Máis info: https://telefoniagalicia.blogspot.com/2022/10/vigo-1913-1914-os-fios-do-telefono.html
1914 É destinado por telégrafos a Melilla para a construcción da rede telefónica urbana desa cidade.
1914 Vende de concesión de Vigo a Compañía Peninsular de Teléfonos.
1915 Obtén o traslado a Madrid ao negociado sétimo dos inspectores das oficinas centrais do corpo.
1916 Aparece unha mención na prensa como concesionario da rede de telefonía urbana de Vilagarcía.
1923 Publica o libro "Telefonía Práctica" que é declarada obra de especial interese para o exército.
Máis info: https://historiatelefonia.com/2023/07/25/1923-telefonia-practica-mariano-martin-y-villoslada/
1924 (2 de decembro) Obtén a xubilación do corpo de telégrafos como xefe de sección
1949 (6 de marzo) Pasamento de Mariano
Para saber máis:
- Crónica de Pontevedra : diario político.: Ano III Número 682 - 23 agosto 1888; Ano III Número 730 - 19 outubro 1888
- El regional : diario de Lugo: Num. 1439 (24/08/1888); Num. 4279 (23/05/1894); Num. 4947 (11/10/1896)
- Boletín oficial de la provincia de La Coruña: Número 273 - 1889 xuño 1
- Diario de avisos de La Coruña: Ano XVIII Número 9502 - 1889 xullo 29
- Faro de Vigo de 14 de agosto de 1890
- La Voz de Galicia: 30 de xaneiro de 1889; 2 de febreiro de 1889; 17 de decembro de 1889; 30 de decembro de 1891; 21 de febreiro de 1892; 1 de decembro de 1892; 6 de decembro de 1892; 30 de agosto de 1894; 16 de setembro de 1894; 9 de outubro de 1896; 28 de febreiro de 1898; 27 de marzo de 1903; 18 de xuño de 1908; 12 de xullo de 1911; 16 de novembro de 1911; 30 de novembro de 1924.
- La Monarquía : diario político: Ano V Número 1106 - 14 de agosto de 1890; Ano IX Número 2361 - 13 de xullo de 1894; Ano X Número 1125 - 15 de xaneiro de 1895
- Revista de telégrafos: Número 089 de 1883; Número 090 de 1883; Número 146 de 1886; Número 149 de 1886; Número 193 de 1888; Número 193 de 1888; Número 205 de 1889; Número 293 de 1892
- Gaceta de Galicia : Diario de Santiago. Decano de la prensa de Compostela: Num. 39 (18/02/1892); Num. 107 (18/05/1894); Num. 108 (19/05/1894); Num. 152 (21/07/1894); Num. 152 (21/07/1894)
- El Anunciador : diario de La Coruña y de Galicia: Num. 12898 (01/12/1892)
- Jornal Telegraphique de xuño de 1896
- Gaceta de Madrid núm. 337, de 2 de decembro de 1924; núm.24 de 24 de xaneiro de 1925.
- El Eco de Santiago diario independiente Año XXVIII Número 13140 - 1 de decembro de 1924
- La voz de la verdad diario católico con censura eclesiástica Num. 950 (30/09/1913); Ano XIII Número 4365 - 20 de outubro de 1923
- Galicia nueva periódico regional, primer diario de Villagarcía Ano I Número 180 - 18 de outubro de 1907; Ano X Número 4140 - 10 de decembro de 1916; Ano XV Número 5520 - 17 de decembro de 1921
- El lucense : diario católico de la tarde: Num. 2859 (10/05/1894)
- El Correo gallego : diario político de la mañana: Ano XVII Número 4733 - 13 de xuño de 1894; Ano XIX Número 6274 - 9 de outubro de 1896; Ano XXXI Número 10072 - 30 de maio de 1908; Ano XXXI Número 10104 - 27 de xuño de 1908
- El diario de Galicia : periódico católico e independiente: Ano IV Número 1004 - 2 de setembro de 1894; Ano V Número 1114 - 12 de xaneiro de 1895; Ano V Número 1280 - 1 de agosto de 1895; Ano V Número 1310 - 6 de setembro de 1895; Ano VII Número 1977 - 21 de novembro de 1897;
- Boletín bibliográfico de la librería gallega: Ano I Número 1 - 1895 xaneiro
- Revista gallega : semanario de literatura e intereses regionales: Ano II Número 82 - 27 de setembro de 1896; Ano II Número 84 - 11 de outubro de 1896
- Catálogo general de expositores y premios adjudicados, resultado de los juegos florales y certámenes musicales
- La Correspondencia Gallega : diario de Pontevedra: Ano XX Número 5458 - 21 abril 1908; Ano XX Número 5656 - 21 decembro 1908; Ano XXIII Número 6412 - 12 xullo 1911
- El Diario de Pontevedra : periódico liberal: Ano XXV Número 7229 - 27 de maio de 1908; Ano XXVIII Número 8106 - 18 de maio de 1911
- Galicia : revista quincenal ilustrada: Ano III Número 11 - 1908 xuño 1
- El norte de Galicia : diario político y de información: Num. 2528 (11/06/1909); Num. 3293 (15/11/1911)
- El Progreso : semanario independiente: Ano IV Número 157 - 9 de xaneiro de 1910
- Diario de Galicia: periódico de la mañana, telegráfico, noticiero y de información general: Num. 736 (14/05/1911); Num. 2110 (17/09/1915)
- El Correo de Galicia : Diario independiente de avisos y noticias: Num. s.n. (16/05/1911)
- Noticiero de Vigo : diario independiente de la mañana: Ano XXVI Número 10970 - 11 de xullo de 1911; Ano XXVII Número 11317 - 31 de agosto de 1912; Ano XXVIII Número 11516 - 5 de setembro de 1913; Ano XXVIII Número 11574 - 12 de novembro de 1913, Ano XXVIII Número 11580 - 19 de novembro de 1913; Ano XXIX Número 11619 - 16 de xaneiro de 1914; Ano XXIX Número 11621 - 18 de xaneiro de 1914; Ano XXIX Número 11674 - 22 de marzo de 1914; Ano XXIX Número 11681 - 31 de marzo de 1914
- La Región : diario independiente, de intereses generales, de noticias y avisos: Ano II Número 431 - 14 de xullo de 1911; Ano II Número 535 - 16 de novembro de 1911
- El Noroeste: Ano IX Número 3376 - 6 de abril de 1904; Ano IX Número 3440 - 19 de xuño de 1904; Ano XII Número 4436 - 14 de setembro de 1907; Ano XII Número 4466 - 19 de outubro de 1907, Ano XIII Número 4620 - 17 de abril de 1908; Ano XIII Número 4830 - 20 de decembro de 1908; Ano XIV Número 5007 - 15 de xullo de 1909; Ano XVI Número 5640 - 10 de maio de 1911; Ano XX Número 9480 - 8 de xullo de 1915
- El Eco de Santiago : diario independiente: Ano X Número 3092 - 10 de febreiro de 1905; Ano XI Número 3685 - 27 de decembro de 1906; Ano XII Número 3590 - 18 de outubro de 1907; Ano XIV Número 8576 - 7 de xuño de 1909; Ano XIX Número 6477 - 5 de xaneiro de 1914; Ano XIX Número 6511 - 13 de febreiro de 1914